sábado, 19 de diciembre de 2009

ANUNCIO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE A CORUÑA

Administración Local

Municipal

Padrón

Anuncio licitación mediante procedemento aberto autorizacións para instalación de postos de Pascua 2010

ANUNCIO

Acordo da Xunta de Goberno local de data, 1 de decembro de 2009, polo que se anuncia a licitación mediante procedemento
aberto e tramitación ordinaria das autorizacións para a ocupación do dominio público e instalación de atraccións
feirais, postos de venta e “pulperías “... durante as festas de Pascua de 2010.

1.- Entidade adxudicataria: Concello de Padrón.
2.- Obxecto: autorización para a ocupación do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais, postos
de venta e “pulperías “... durante as festas de Pascua de 2010.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: multiplicidade de criterios de valoración.
4.- Tipo de licitación: o que figura no plano do proxecto de feira que se achega ao prego de cláusulas e que se considera
parte integrante do mesmo.
5.- Garantías:
Provisional: Si, na forma establecida no prego.
Definitiva: Si, na forma establecida no prego.
6- Obtención documentación:
Lugar: Concello de Padrón, rúa longa nº 27
Localidade: Padrón.
CP: 15900
Teléfono: 981 81 04 51 ou 981 81 04 00
7- Presentación de ofertas:
a) Prazo: quince días naturais, contados a partir do Sábado día 19 de Decembro
b) Documentación a presentar: a sinalada nos pregos.
c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Padrón.
d) Horario: de 9:00 a 14:00 horas.
8- Apertura de proposicións ( oferta económica): No lugar, día e hora que sinale no taboleiro de anuncios do Concello
de Padrón.

Padrón, a 10 de decembro de 2010.
O Alcalde en funcións,
Asdo.: D. Eloy Rodríguez Carbia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario