O campo do Souto, o Paseo do Espolón e mais a explanada da polideportiva (onde no inverno están instaladas as casetas do polbo para o feirón dos domingos) son os lugares escollidos tradicionalmente para instalar as atraccións de feira, casetas e demais postos cada ano para as festas da Pascua de Padrón; as máis importantes da comarca e unhas das principais de Galicia. Coa Pascua padronesa dáse o “pistoletazo oficial” ás grandes feiras de Galicia que rematan en Mondoñedo no mes de outubro, xusto despois do San Froilán lugués.
E na primeira gran feira galega parece que este ano vai haber novidades. No referente á instalación das atraccións de feira o Concello está disposto a ampliar o recinto para poder acoller máis artiluxios mecánicos, sobre todo de grande envergadura, que contribúan á diversidade e calidade dos “cacharriños” que se instalan anualmente na terra de Rosalía.
Trataríase de facilitar para as grandes atraccións mecánicas unha nova localización no centro da vila, a continuación de onde agora se instalan os aparatos máis grandes, detrás do campo de fútbol, á beira do río, nas inmediacións da gardaría (en fronte ao lugar onde agora se instalan as caravanas dos feirantes, no entorno do IES). Neste recinto poderíanse instalar ata un total de seis grandes atraccións do tipo da noria xigante ou da montaña rusa, e esta decisión á parte de ampliar o recinto das barracas, implicaría a inclusión dunha nova zona dentro do recinto “oficial” das festas, co que isto implica para a hostalaría da zona.
No mes de xaneiro cerrouse o prazo para a instalación de atraccións de feira nos lugares de costume (Espolón, Souto e explanada) e no vindeiro mes de febreiro abrirase un novo prazo para intentar cubrir as prazas destinadas a grandes aparatos no novo lugar. Aqueles feirantes que non conseguisen praza nos lugares de sempre poden optar a ocupar un espazo no novo recinto.
En tempos de crise parece moi difícil que o número de atraccións nas festas poida aumentar, e máis visto o ano pasado no que en moitas grandes feiras de atraccións galegas non se ocupou o recinto na súa totalidade, como no caso de Boiro, Ribeira ou Arteixo, ou mesmo en Padrón fallaron algunhas das grandes atraccións que acudían á festa… pero a Pascua é a Pascua e probablemente vexamos atraccións importantes detrás do campo de fútbol.
En LA OPINIÓN CORUÑA/ FESTA A FESTA
lunes, 25 de enero de 2010
miércoles, 13 de enero de 2010
MAÑÁ ABRIRASE O SOBRE "A" DAS LICITACIÓNS DA PASCUA 2010
Adiantandonos ás previsións, mañá pola mañán procederase á apertura do sobre A das licitacións presentadas. Trátase de acelerar o proceso para sacar canto antes o 2º prego.
martes, 5 de enero de 2010
PRAZO PARA ATRACCIÓNS GRANDES
Unha vez rematado o prazo de petición de parcelas para a instalación de atraccións no Campo do Souto o pasado 2 de Xaneiro, agora o concello estudará cada atracción e facendo caso dos seguros de responsabilidade, da antigüidade ou innovación dependendo da praza e da cuantía económica ofrecida elexirá que aparato se queda con cada praza.
Será a comezos de Febreiro cando se abra o prazo para a petición de parcelas para instalar atraccións detrás do Campo de Fútbol e no seu borde (Zona Nova) que se atopa de cara ao río, en caso de estar interesadas a zona quedará reservada para atraccións do tipo da Noria, da Uve, da Montaña Rusa, do Booster... ofrecendo aproximadamente unhas 5 - 6 parcelas, en caso de quedar algunha destas libre as atraccións que quedaron sen praza no Campo do Souto poderán acceder a instalar en dita zona
Estade atentos/as a este espazo porque aquí vos manteremos informados/as.
sábado, 2 de enero de 2010
LA PASCUA DE PADRÓN CAMBIA DE PÁGINA WEB
La Pascua de Padrón cambia su página web, entre las modificaciones destacan los cambios en el servidor, en la imagen y en los contenidos.
El espacio web presenta una imagen más moderna y llamativa, sin publicidad y con apartados muy completos. Entre las secciones destacan algunas como "Conoce Padrón" en donde se presenta la historia de la villa cuna del Xacobeo, galería de imágenes, blog de noticias, información turística etc, la sección "Conoce a Pascua" describe las famosas fiestas, sus actividades y sus intereses y apartados de gran ayuda como una lista de locales hosteleros, la galería, un blog de noticias, el foro o las encuestas complementan la página.
El ayuntamiento y la asociación Pascua de Padrón apuestan este año por unas fiestas con grandes cambios en atracciones, actividades, ubicaciones etc buscando que todas las personas que año tras año se acercan para disfrutar de las celebraciones vuelvan a sus casas con buen sabor de boca y ganas de volver.
Se avisa también a los feriantes de que ya pueden presentar sus solicitudes para contar con un puesto para instalar sus atracciones en las fiestas llamando al 981 81 04 51 (teléfono del ayuntamiento), el plazo para pedir parcela termina hoy día 2 de Enero, sin embargo, aquellos/as que se han quedado sin espacio podrán presentarse en un segundo plazo para ubicar sus aparatos en la nueva zona de extensión de la Pascua 2010.
En "PASIÓN ORQUESTAS" (01/01/2010)
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)