martes, 5 de enero de 2010

PRAZO PARA ATRACCIÓNS GRANDES


Unha vez rematado o prazo de petición de parcelas para a instalación de atraccións no Campo do Souto o pasado 2 de Xaneiro, agora o concello estudará cada atracción e facendo caso dos seguros de responsabilidade, da antigüidade ou innovación dependendo da praza e da cuantía económica ofrecida elexirá que aparato se queda con cada praza.

Será a comezos de Febreiro cando se abra o prazo para a petición de parcelas para instalar atraccións detrás do Campo de Fútbol e no seu borde (Zona Nova) que se atopa de cara ao río, en caso de estar interesadas a zona quedará reservada para atraccións do tipo da Noria, da Uve, da Montaña Rusa, do Booster... ofrecendo aproximadamente unhas 5 - 6 parcelas, en caso de quedar algunha destas libre as atraccións que quedaron sen praza no Campo do Souto poderán acceder a instalar en dita zona

Estade atentos/as a este espazo porque aquí vos manteremos informados/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario